Site icon Crónica3.com A Mariña

Os cans de rescate localizan a un nonaxenario desaparecido en Cariño

Foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia debido ás longas horas que levaba á intemperie. Atopábase nun monte a un quilómetro do seu domicilio, no lugar de Figueroa, en Cariño. Existen poucas certezas sobre o tempo que podía levar fóra da casa, xa que, pola mañá, cando a asistente doméstica chegou á casa, xa non estaba. Así o explicou persoal do Concello mediante a súa comunicación de alerta ao 112 Galicia preto das tres desta tarde. Así, as autoridades locais pedían apoio para a busca, e, desde o 112 Galicia, informouse á Garda Civil, así como aos membros do GES de Ortigueira. Pouco despois, sumáronse os técnicos e cans de rescate da asociación Casaga con base en Ferrol, que atoparon o señor nun monte a un quilómetro da súa casa. Para atender as posibles lesións, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Esta consciente, pero pasou moitas horas fóra, así que conviña un recoñecemento médico.

Exit mobile version