“O Traballo de Andrea”, unha adaptación do texto catalán “Treball de recerca” orixinal de Ignasi García i Barba é a nova proposta do grupo barreirense
Aparentemente unha investigación deste tipo, nos nosos días, non debería supor ningún problema, sen embargo nada máis empezar xa se decata de que a cousa non é tan sinxela como ela pensa. O mutismo total que hai na vila sobre ese tema fainos recordar o título daquela película alemá sobre o periplo do fiscal que levou a xuízo os crimes do nazismo (A conspiración do silencio).
“O traballo de Andrea” fainos presente a necesidade de non perder a memoria, aínda que ás veces sexa dolorosa, xa que como ben dixo o filósofo Jorge Santayana, “aqueles que non recordan o pasado están condenados a repetilo”. Pero sobre todo, a importancia do papel da xente moza nesa recuperación.
“O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida que está empezando e que se ve envolta nun mundo de segredos que ninguén quere, se cadra por esa mal entendida responsabilidade, desvelar. E ao mesmo tempo, o drama do seu mundo persoal no que tamén hai segredos difíciles de asumir.
Por primeira vez Ollomao abandona o mundo da comedia e enfróntase a un drama con unha grande complexidade tanto a nivel conceptual como formal. En definitiva, un novo reto, se cadra o máis arriscado ata agora, do grupo de teatro Ollomao.
A función celebrarase o venres 22 de marzo, ás 21:00 h. na Casa da Cultura de Burela