O acto, aberto a todo o público, será o sábado 9 de marzo, ás 12:00 horas na contorna do castelo do Castrodouro
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa presenza de Efigenia Maseda, membro de VIA Alfoz e actual alcaldesa do concello quen, a pesar dos eventos que o Concello de Alfoz ten preparado para este 8M, non quere perder este acto, que comezou de xeito espontáneo aló polo 2015, coincidindo co inicio da agrupación Veciños independentes de Alfoz. Hai que recordar que esta agrupación foi a orixe de VIA Alfoz, “que hoxe ostenta a Alcaldía, precisamente nas mans dunha muller”, subliñan desde a Dirección Executiva do partido, ao tempo que agradecen a súa presenza.