O venres, despois das consultas pertinentes, iniciáronse as actuacións correspondentes desde o concello, trasladando a situación ás administracións competentes.
Ante esta situación excepcional, no día de hoxe, tivo lugar unha reunión cos voceiros da corporación local para mantelos informados.
Por parte do Concello non procede efectuar declaracións públicas, coa fin de preservar todas a garantías e dereitos, en aras do interés xeral.
Dende o Concello “queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade, posto que a seguridade está garantida a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cos que o Concello de Viveiro xa vén mantendo contactos dende o pasado venres”.