Ribadeo, 19 de marzo de 2024. O Ribadeo Fútbol Club organiza unha festa dos anos 80 para recadar fondos destinados a esta entidade deportiva. Será o mércores 27 de marzo desde as 23:00 horas na discoteca Rosa Lar. Contará coa actuación do grupo ribadense Corazóns Novos e tamén haberá un DJ que ofrecerá música dos 80. Ademais entre os asistentes sortearase unha cea para dúas persoas no Restaurante San Miguel, de Ribadeo. O prezo da entrada é de 5 euros.
Víctor López Pérez, directivo do Ribadeo FC, explica: “aprovechando la Semana Santa organizamos esta fiesta, para ofrecer una alternativa de ocio más para que la gente de Ribadeo, de los alrededores y de otros lugares que nos visiten en estas fechas lo pasen bien y de paso ayuden a mejorar la situación económica del club”.
Para este evento o Ribadeo FC conta co patrocinio do Restaurante San Miguel, de Ribadeo, e coa colaboración do grupo Corazóns Novos, da Delegación de Deportes e Mocidade do Concello de Ribadeo e da discoteca Rosa Lar.