En clave local, os dirixentes de Xove e de Cervo, en representación do PP da comarca, valoraron moi positivamente a iniciativa do Grupo do PP, xa que, de materializarse o peche da planta da Mariña, “sería demoledor para a economía e para o futuro desta comarca”
Os populares, segundo explicaron este venres os deputados na Cámara Baixa -Francisco Conde e Jaime de Olano- aos alcaldes e voceiros de A Mariña, adoptaron esta decisión porque, en primeiro lugar, este martes o seu Grupo Parlamentario sacou adiante, na Comisión de Industria e Turismo e cuxo voceiro é o deputado Francisco Conde, a Proposición Non de Lei na que se pedía ao Executivo dedicar o 25% dos ingresos de CO2 a estas empresas e, contribuír con elo, a que dispoñan dun prezo estable e competitivo; e, segundo, logo de que Pedro Sánchez anunciase que o Goberno non terá Orzamentos ata 2025 como consecuencia da convocatoria electoral de Cataluña.
“Ya sabemos que no vamos a tener Presupuestos en 2024, pero ello no implica de que existan fórmulas legales y políticas para que el Gobierno cumpla el acuerdo que hemos conseguido esta misma semana. Ahora lo elevaremos al pleno del Congreso, esperando que el Ejecutivo concrete el mecanismo para hacerlo. No sería justificable, remarca Conde, que, la situación política generada y que hemos conocido hace unas horas, bloquease un acuerdo tan importante para esta comarca y para los trabajadores de la factoría que está a nuestras espaldas”, defendeu.
APOIO Á POSTURA DA XUNTA
A este respecto, os deputados comparten a postura da Xunta de Galicia, que a través da conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, pediu no día de onte que non se dilate, como así se fixo público, a reunión da mesa de seguimento prevista para o día 21 deste mes, pois, segundo destacou o voceiro de Industria no Congreso, “os traballadores necesitas certezas”.
“Aprazar esta xuntanza tan só serve para aumentar a súa inestabilidade. Secundamos, por tanto, unha por unha as palabras emitidas intelixentemente pola conselleira unha vez coñecida a decisión de aprazamento de Alcoa”, remarcou Conde.
“ESTAMOS EN LA SOLUCIÓN”
A proposta do Grupo do PP ten como obxectivo evitar a discriminación que sofren as electrointensivas españolas “por una decisión política” do Goberno Central. As empresas de Alemaña ou Francia non só soportan un prezo notablemente inferior ao que existe en España, senón que o importe das axudas concedidas polos seus gobernos para compensar os custos do gas e da electricidade é moi superior. A modo de exemplo, os populares destacaron o caso concreto do país alemán que, dentro do Marco Temporal de Crise e Transición da CE, aprobou 49.000 millóns de euros, cun máximo de 150 millóns de euros por empresa; é dicir, 100 veces máis en axudas que as que destina o Executivo español.
Dende o Partido Popular pedirán tamén a aprobación da modificación do Estatuto dos consumidores para que as empresas nacionais compitan en igualdade de condicións coas do resto de Europa. Neste senso, plantexan a bonificación de peaxes do 80% e activar as subastas de enerxía de fontes renovables específicas.
“En el Partido Popular estamos en la solución. El Gobierno debe corregir su política energética porque, hasta el momento, lo único que ha conseguido es que las empresas vean mermada su competitividad y su capacidad de inversión”, destacaron Conde e Olano. Precisamente, este último engadiu: “esto es la consecuencia de que también recorten su produción o se vayan a otros países”.
O PECHE DE ALCOA, EN CLAVE LOCAL
Pola súa banda, os alcaldes e voceiros valoraron positivamente a decisión do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes, xa que, de materializarse a ameaza de peche que pesa sobre a planta da Mariña e que cada vez cobra más forza, “sería algo demoledor para a economía e para o futuro desta comarca”. Con esta contundencia, e en nome de todo o PP desta zona da provincia, se pronunciaron os representantes de Xove e de Cervo.