O voceiro explica que “a fonte está afectada por arrastres de terra e outros restos desprazados dende a zona das obras, ademais de restos de vertidos” polo que esixe ao goberno local “velar polo cumprimento da legalidade e o respecto ao medio ambiente”
O portavoz, Antonio Riveira, sinala que “esta fonte está afectada por arrastres de pedras, terra e vexetación que se foi desprazando dende a zona das obras; ademais de restos de vertidos”. Nese sentido, os populares esixen ao goberno local “velar polo cumprimento da legalidade e o respecto ao medio ambiente”.
O popular tamén esixe “respecto” á ocupación de terreos privados tras ter coñecemento dunha denuncia por parte dun particular afectado por estas obras. “Isto é outra mostra de como fan as cousas dende este goberno municipal que se preocupa por nada”, segundo manifesta Riveira.
Os populares piden ao goberno socialista que evite a contaminación do río, das zonas próximas á nova depuradora e que, unha vez instalada a nova depuradora, se realicen traballos de recuperación do entorno do río Momán e, máis concretamente, da fonte do Mariñeiro.