O voceiro, Antonio Riveira, cre que “o goberno local socialista enganou a veciñanza con propostas que apenas a un ano de lexislatura xa reduce e moi probablemente serán inexistentes outro mandato máis”
“O goberno local socialista enganou a veciñanza con propostas que apenas a un ano de lexislatura xa reduce e moi probablemente serán inexistentes outro mandato máis”, engade o voceiro, Antonio Riveira.
O popular aclara, ademais, que “o convenio asinado coa Deputación de Lugo só será para a redacción do proxecto, non para facer realidade ningunha obra nin desenvolver ningún tipo de actividade por agora”.
O popular condena que “o goberno socialista rexeite o proxecto inicial e reduza á metade o número de prazas”. Dende o PP defenden “a atención de calidade aos maiores” e, nese sentido, teñen reclamado a mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
CASAS DO MAIOR
Máis concretamente sobre a atención aos maiores, dende o Grupo Municipal Popular teñen proposto no pleno do Concello que o goberno local impulse a creación de casas do maior que funcionan de forma parecida aos centros de día, pero que son iniciativas que ofrecen unha atención próxima e cun máximo de 5 persoas usuarias. “Son unha alternativa moi útil para contribuír á conciliación e coidado dos maiores en concellos rurais coma o noso”, destaca Riveira.