Advirten que para efectuar o seu pagamento a entidade local vese na obriga de facer uso do remanente de tesoureiría do que dispón, cifrado en 455.0657 euros, e dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 379.860€
A voceira, Mariña Gueimunde, arroupada polos concelleiros, fixo público este importante dato para que a cidadanía sexa coñecedora, din, “da deriva á que nos está levando o goberno que temos en Viveiro”, pois para efectuar o seu pagamento a entidade local vese na obriga de facer uso do remanente de tesoureiría do que dispón, cifrado en 455.0657 euros, e dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 379.860 euros.
“É inaudito que teñamos que tirar do remanente e dunha operación bancaria para poder efectuar o seu pagamento”. “Claramente, advirte, non somos un Concello saneado; somos un Concello que nin tan sequera pode pagar gastos ordinarios”, apunta a popular.
CLARIFICADORES INFORMES DE INTERVENCIÓN E SECRETARÍA
Os populares basean a súa argumentación nos informes de Intervención, que “con comas e puntos explican que a xestión deste goberno local é a peor que tivemos a todas luces”.
O documentos que se desprenden dos expedientes demostran que a situación actual en materia de contratación no Concello de Viveiro incumpre reiteradamente a LCSP.” É inxente a cantidade de expedientes tramitados nos últimos anos e especialmente no 2023, para o recoñecemento de obrigas adquiridas sen seguir os trámites previstos na normativa contractual, non contando nin con previa licitación nin tampouco con previa tramitación do procedemento requerido na LCSP para os contratos menores, sendo tramitado un importante volume de facturas sen proposta, que incluso levou a que se acumulasen facturas sen consignación no anterior exercicio e que se atopan pendentes do oportuno expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para o 2024.
Así, e segundo se desprende do mesmo, o groso das facturas corresponde a servizos exteriores e suministros; comunicaciones; a publicidade, propaganda e relacións públicas. As partidas destinadas a estes gastos ascenden, pola mesma orde, a 364.751,35 euros, 298.360,80 euros e 55.178,66 euros. De feito, as facturas de menor importe son as referidas a mobiliario (1.909 euros) , transportes (1.208 euros) e infraestructuras (9.140,72) e servicios de profesionales independientes (3.489,64 euros).
“Non podemos permitir este descontrol. Non é de recibo que se gaste en propaganda e en conceptos que nin tan sequera sabemos o que son porque non se detalla e, pola contra, teñamos asociacións e colectivos en Viveiro que non dan cobrado as súas subvencións. Isto é un despropósito e así o trasladamos publicamente porque os veciños teñen que saber o que hai e o que temos”, relatou Gueimunde.
A ALCALDESA NÉGASE A DAR INFORMACIÓN
Para o Grupo Municipal do Partido Popular a situación “agrávase” ao negarse a alcaldesa a dar explicacións no Pleno destes asuntos que, cabe destacar, ían incluídos na Orde do Día da sesión.
“Non só declina pronunciarse senón que o atrevemento é tal que nos dixo que non dispoñía da documentación e nos remite ás actas plenarias. Estamos ante un desgoberno sen precedentes”. Por este motivo, Mariña Gueimunde advirte: “Non nos van a calar e imos seguir fiscalizando, dende a responsabilidade e o rigor, todos e cada un dos movementos deste goberno que nos está levando á quebra administrativa e económica”.