O Club de Remo Celeiro participou cun total de 6 embarcacións en categorias Infantil Feminino, Alevín Mixto, Infantil Mixto e Veteranos. Os resultados para o Club anfitrión foron os seguintes:
-Infantil Femenino, 1º posto na súa tanda e 5º posto na clasificación xeral
-Alevin Mixto, 8º posto na clasificación
-Infantil Mixto, 2º posto en tanda e 5º na clasificación xeral
-As 3 tripulacións de veteranos conseguiron un 1º, 3º e 4º posto na clasificación xeral
As Bandeiras da regata, tanto feminina como masculina, foron para o Club de Remo Cabo da Cruz, cun numero altísimo de embarcacións participantes.
O club anfitrión amósase” moi orgulloso de traer ó noso pobo cultura de remo, coa 2º edición de esta regata que cada ano se supera en participación, e queremos felicitar a todos os nosos remeiros e remeiras, polo esforzo e as gañas que poñen día a día. Temos que dar as grazas a todos os nosos colaboradores:
– Puerto Celeiro S.A.
– Área de Servicio Celeiro
– Concello de Viveiro
– Bar Rolindes
– Varaderos de Cillero
– Versus Viveiro
– Norvoz Viveiro
– Grupo Tresmares
– Talleres Celeimar
– Pizzbur Viveiro
– Duerming Viveiro”