Un Pescados Rubén Burela FS superior lévase o encontro ante un Ibiza que non deixou de pelexar ata o minuto 40
Comeza o encontro cos dous “protagonistas” de hoxe formando parte do quinteto inicial, tras a primeira rotación, que será completa, na que saen a pista Lucho, Quelle, Alberto e Ismael, chega o 1-0 cun gol de Quelle ao segundo pau. Presiona o Eivissa durante uns minutos con varias situacións perigosas como un lanzamento de falta indirecta por unha misteriosa cesión na área local sen conseguir o empate. O equipo local non se conforma e pronto recupera as rendas do encontro. Un remate de Lucho no minuto 10 a pase de Ismael que se vai fóra ben puido ser o segundo tanto da tarde. No minuto 18 Rikelme volve tentalo cun disparo frontal desde fóra da área que detén Ferreyra e outra de Quelle que chega nunha contra xunto a Isma pero de novo Ferreyra fai unha gran intervención. A 33 segundos do descanso Jose Fernández solicita tempo morto para unha última xogada que será un saque de esquina que non logran aproveitar.
No segundo tempo o Burela sae con forza e no minuto 25 Charly consegue o segundo nunha xogada individual tras un elegante caneo ao porteiro rival e un minuto despois o xogador andaluz volve facer nunha contra conseguindo o 3-0 para o conxunto laranxa. Os baleares non se renden e no 27 chega o 3-1 cun gol de Buitre ao segundo pau. No minuto 31 Rikelme dispara ao pau levantando a todos os asistentes da bombonera e un minuto despois conségueo cun golazo de vaselina a pase de Pitero. Ataca o conxunto visitante con Ixemad de porteiro-xogador e chega o quinto a portería baleira nun disparo larguísimo de Alberto. Continúa a presión con xogo de 5 e o Ibiza Gasifred consegue o segundo cun remate de Charly. O encontro remata con +3 para o conxunto laranxa que unha vez máis demostra a súa fortaleza e actitude nun Vista Alegre, como cada sábado, moi animado.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 5-2 UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS
Pescados Rubén Burela FS (5): Kaluza; Pitero, Rikelme, Isma, Charly -quinteto inicial-, Lucho (C), Quelle, Alberto, Ismael, Á. García, Malaguti, Flethes.
UD Ibiza Gasifred Ciutat D’Eivissa FS (2): Ferreyra; S. Marrupe, Vicent Valdés, Charly, Buitre -quinteto inicial-, Gastaldi, Ixemad, Jason, Iker FV, C.Rodríguez, Bernardino, Oussama.
Goles: 1-0, min. 3: Quelle. 2-0, min.24: Charly. 3-0, min.25: Charly. 3-1, min.26: Buitre. 4-1, min.31: Rikelme. 5-1, min.33: Alberto. 5-2, min.37: Charly.
Árbitros: Rubén Miguel Velasco, Jesús Montero Galán, Daniel López López, Eva López Seijas.