Cantautora de sentimentos e emocións, cunha voz cargada de forza e con variedade de rexistros, propón neste traballo todo un universo no que adentrarse. Nas súas propostas fusiónanse distintos estilos musicais como son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e sons tradicionais xunto con estilos e letras líricas máis persoais. Mareira é o seu último traballo, e o segundo en solitario logo de Mar de Fóra.