A actividade será no pavillón Antonio Tarrío a partir das 17:00 horas. A mocidade interesada en inscribirse, en grupos de como máximo seis persoas, pode facelo no mail p.v.x.grupodeparticipacion@gmail.com ou no instagram @p.v.x.2022 indicando nome e apelidos das persoas integrantes e un teléfono de contacto.
“Esta actividade da continuidade ao traballo feito polas mozas e mozos integrantes do grupo de participación xuvenil, que se enmarca dentro da aposta do municipio pola atención á infancia e adolescencia e a importancia de que asuman roles activos de participación dentro da sociedade”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Dende o Concello de Viveiro anímase á mocidade a participar no Scape Room e lembra que o grupo está permanente aberto á participación de máis rapazas e rapaces.