Site icon Crónica3.com A Mariña

O convenio asinado polo concello de Burela e Agadic inclúe “música, teatro, títeres e espectáculos para todo tipo de público”

Burela, 11 de marzo de 2024. O Concello de Burela, a través da área de Cultura, anuncia un novo convenio de colaboración con AGADIC para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre do ano.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, destaca que a programación acordada con AGADIC inclúe “música, teatro, títeres, e en definitiva, espectáculos para todo tipo de público, dende bebés ata adultos”.

A programación cultural deste mes inclúe, este venres 15 de marzo, a representación da obra ‘#2pilgrims’, de Redrum teatro, enfocada a adolescentes e adultos. Unha obra de humor e “teatro social” que reflexiona sobre a igualdade, polo que forma parte da programación municipal en torno ao 8M.

O 23 deste mes será a quenda de Galitoon co espectáculo ‘Güela-Güela’ de títeres infantiles con luces e sombras, apto para bebés. No mes de abril haberá teatro adulto con ‘Morte accidental dun anarquista’ de Darío Fo, representado por Talía Teatro con actores e actrices como Toño Casais, Diego Rey ou Marta Ríos á fronte.

En maio volve haber dous espectáculos: o día 11, un concerto acústico de xénero folk coa banda Lulavai; e o 18, teatro infantil coa obra ‘Ándale! Bon appétit!’ de Teatro Ghazafelhos. Finalmente, en xuño, o día 15, haberá unha actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, baixo o título de ‘Un soño é’.

AGADIC, a Axencia Galega Das Industrias Culturais, ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables.

Exit mobile version