Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello do Valadouro informa que aínda quedan disponibles postos para o XVIII Mercado de Primavera

A data máxima para a recepción de postos de mercado é o xoves 14 de marzo ás 20:00horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982571516 de 9h a 14h e de 16h a 20h de luns a venres laborables. Esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores. Celébrase o sábado máis próximo ó 25 de marzo que este ano coincide a 23. Poden obter máis información na páxina web e nas redes sociais municipais.

Exit mobile version