Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro terá un servizo para a retirada dos vehículos abandonados na vía pública e nos aparcadoiros

Viveiro, 26 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro adxudicou un contrato de servizos a unha empresa especializada na retirada dos vehículos abandonados nos espazos públicos da vila, que a día de hoxe son 31.

En concreto, o obxecto do contrato é o servizo de retirada, transporte, depósito, descontaminación, tratamento e destrución dos vehículos abandonados en rúas, prazas ou aparcadoiros soterrados de Viveiro.

A empresa adxudicataria é ‘Desguaces Herbón’, que realizará os traballos durante dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais.

“Unha solución necesaria para retirar os vehículos e evitar os problemas derivados do seu abandono”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

A tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez, pon en valor este servizo, “xa que os vehículos abandonados poden ser un problema medioambiental e de seguridade”.

Exit mobile version