Viveiro, 26 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro adxudicou un contrato de servizos a unha empresa especializada na retirada dos vehículos abandonados nos espazos públicos da vila, que a día de hoxe son 31.
En concreto, o obxecto do contrato é o servizo de retirada, transporte, depósito, descontaminación, tratamento e destrución dos vehículos abandonados en rúas, prazas ou aparcadoiros soterrados de Viveiro.
A empresa adxudicataria é ‘Desguaces Herbón’, que realizará os traballos durante dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais.
“Unha solución necesaria para retirar os vehículos e evitar os problemas derivados do seu abandono”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
A tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez, pon en valor este servizo, “xa que os vehículos abandonados poden ser un problema medioambiental e de seguridade”.