“Vaise garantir totalmente a seguridade nas celebracións, coa idea de previr calquera tipo de incidente, e queremos destacar que vai estar todo cuberto en materia de seguridade de tráfico”, explica Loureiro
“Esta xunta de seguridade celébrase todos os anos antes da Semana Santa, pero cobra se cadra máis importancia este ano dada a situación excepcional na que se atopa a Policía Local”, sinala María Loureiro.
“Vaise garantir totalmente a seguridade nas celebracións, coa idea de previr calquera tipo de incidente, e queremos destacar que vai estar todo cuberto en materia de seguridade de tráfico”, explica a alcaldesa.
“Agradecemos a todos os corpos e forzas de seguridade a súa presenza na reunión, e o labor que desenvolverán reforzando a seguridade nos días máis destacados da Semana Santa”, subliñou Loureiro. Estiveron presentes a Policía Nacional, a Policía Autonómica, a Guardia Civil, Protección Civil e os bombeiros.
Por parte do Concello, que se atopa actualmente ultimando o Plan de Autoprotección para a Semana Santa, haberá un servizo de grúa durante as 24 horas do día.
Dende o Goberno local informan de que haberá cortes puntuais no tráfico, polo que se fará un desvío con semáforos regulados na rúa Rego das Flores. Os cortes afectarán en particular á travesía da Mariña con motivo das procesións que transcorren por alí.
Así mesmo, por motivos de seguridade, nos días anteriores á celebración da Semana Santa liberaranse as prazas de aparcamento na travesía da Mariña para que os coches estacionados non interfiran co discorrer da procesión.
“Moitas grazas á Subdelegación do Goberno en Lugo pola súa disposición de cara a estas datas, e, de novo, a todas as forzas e corpos de seguridade”, engadiu Loureiro.