Viveiro, 21 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro informa das zonas de estacionamento recomendadas con motivo da celebración da Semana Santa.
O obxectivo é facilitar a circulación e evitar atascos tendo en conta a grande afluencia de persoas que se achegan á vila dende o venres 22 ata o domingo 31 de marzo.
O goberno municipal aconsella tres zonas diferenciadas, segundo os mapas adxuntos, dependendo da vía de circulación pola que se acceda.
Na zona A, para vehículos procedentes da estrada LU-862, dirección Xove-Viveiro, recoméndase estacionar nas inmediacións da nave de redes, en Celeiro; no aparcadoiro da piscina municipal; no porto deportivo de Viveiro; na zona do Casino e no peirao de Viveiro.
Na zona B, para vehículos procedentes da estrada LU-862, dirección O Vicedo-Viveiro, recoméndase estacionar na zona dos colexios, na explanada do pavillón municipal e no Paseo Martín Ledesma.
Na zona C, para vehículos procedentes da estrada LU-540, dirección Ourol-Viveiro, recoméndase estacionar na zona de Verxeles (entorno da estación do tren e ITV), zona da Variante e aparcamento subterráneo, sito na Avda. Navia Castrillón.
Co establecemento destas zonas de estacionamento, en función da vía de acceso, preténdese reducir a circulación polo centro de Viveiro e, deste xeito, evitar atascos.