Na actividade, explicáronlle ao persoal do centro como intervir en caso de incencio, a través dunha práctica de extinción con material eléctrico e de cociña, e tamén realizaron unha evacuación dos menores. A iniciativa forma parte do programa de formación en materia de prevención que o Concello de Cervo ten en marcha nos diferentes centros de traballo.