Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela e o Centro de Saúde organizarán unha pausa activa de luns a venres de 12:00 a 12:05 na praza do Concello

Esta iniciativa busca contribuír a reducir o sedentarismo derivado de traballos que requiren permanecer máis de dúas horas seguidas sentado

Burela, 15 de marzo de 2024. O Concello de Burela, conxuntamente co Centro de Saúde, organizará unha pausa activa todos os días de luns a venres. Terá lugar de 12:00 a 12:05 na praza do Concello.

Esta iniciativa busca contribuír a reducir o sedentarismo derivado particularmente de traballos que requiren permanecer máis de dúas horas seguidas sentado.

“Queremos que a saúde sexa o centro de todas as políticas do Concello, e por iso impulsamos esta actividade, para seguir garantindo que as eleccións máis saudables sexan tamén as máis fáciles”, sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

“Convidamos a toda a veciñanza a participar desta iniciativa, que só require un instante e pode marcar a diferencia na saúde de moitas persoas”, afirma a rexedora.

A pausa activa dase no marco da colaboración entre o Plan de Saúde Local do Centro de Saúde de Burela e a Estratexia de Promoción da Saúde do Concello de Burela.

Exit mobile version