Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros facilita a conciliación familiar coa creación dun novo programa para esta Semana Santa

Barreiros, 5 de marzo de 2024. A concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.

Así, preséntase o programa +CONCILIA MARZO que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente GRATUÍTA para as familias.

Desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.

As inscricións formalizaranse nas oficinas do Concello desde o 6 ata o 13 de marzo (ambos inclusive) en horario de 9:30 h. a 14:00 h.

Toda a información así como a ficha de inscrición están dispoñibles na web municipal www.concellodebarreiros.gal

Exit mobile version