Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello continúa estes días cos traballos de poda das árbores en diferentes zonas de Ribadeo

Ribadeo, 5 de marzo de 2024. O Concello continúa estes días cos traballos de poda das árbores en diferentes zonas de Ribadeo.

O edil de Medio Ambiente, Diego dos Santos, explicou que “estivemos a podar hai uns días diante do Concello, na rúa Clemente Martínez Pasarón ata o Hospital Asilo e tamén no parque de San Francisco, na zona dos nenos. Estes traballos foron realizados por unha empresa especializada na poda e no tratamento das palmeiras e dos castaños de indias. Realizaron un control daquelas árbores que estaban en mal estado e que debiamos de retirar. Describíronnos a situación para así proceder ao seu saneado correctamente”.

O concelleiro ribadense indica que “co persoal municipal actuamos xa na zona da Atalaia e estamos a facer poda agora nos arredores do colexio Sagrado Corazón e tamén en Calvo Sotelo. E quedaríanos para dentro duns días o Parque dos Indianos, algo nas parroquias e tamén os arredores do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Ceip Gregorio Sanz”.

Exit mobile version