A actividade, que terá varios eixos de actuación –praias e ríos, montes e camiños, e reciclaxe- arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa, ás 17:00 horas
Cervo, 8 de marzo de 2024. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, unha iniciativa de voluntariado aberta a toda a poboación “co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, tal e como precisaron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, durante a presentación do programa este mediodía na Casa do Concello.
O programa que se articula sobre tres eixos de actuación (praias e ríos; montes e camiños e reciclaxe de plástico, vidro e cartón) arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa ás 17:00 horas, e as persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura o no teléfono 982 59 51 57.
Tal e como apuntou a alcaldesa, “Cada día temos máis conciencia ecolóxica pero queda moito camiño por percorrer, queremos que Cervo siga medrando como concello ecoamigable, e para elo necesitamos tamén da colaboración da veciñanza, que agardamos que se sume a esta proposta”.
O programa terá o seguinte calendario:
VOLUNTARIADO EN PRAIAS E RÍOS
13 de marzo
10 abril
8 maio
10 xuño
VOLUNTARIADO EN MONTES E CAMIÑOS
20 de marzo
17 de abril
15 de maio
17 de xuño
VOLUNTARIADO DE RECICLAXE PLÁSTICO E CARTÓN
27 de marzo
24 de abril
22 de maio
24 de xuño