Debido ao forte vento, o campo de regatas tivo que trasladarse a outro alternativo e, polo cal, a regata realizouse na modalidade de contra reloxo.
En canto a resultados, as Infantís Femininas conseguiron acadar o 6º mellor tempo na clasificación xeral, mentres que os Infantís Masculinos, despois de ter un percorrido complicado, derivado polos refachos de vento, acadaron finalmente o 10º mellor tempo da clasificación xeral.