A Xunta asigna aos concellos unha cantidade de horas anuais para o SAF ás persoas dependentes e transfire 12 euros por cada unha delas cando a prestación do servizo supón, para a maioría dos concellos, custos por riba dos 19 euros. Ademais, as entidades municipais teñen que facer fronte con fondos propios ao SAF de libre concorrencia, cos que atenden as persoas que están agardando polo recoñecemento da dependencia.
A deputada Iria Castro sinalou que esta situación “ten secuestrada a economía dos concellos”, que están investindo fondos en competencias que non son propias, e urxiu á Xunta de Galiza “a revisar do financiamento para garantir a cobertura e a mellora deste servizo, que permite que as persoas dependentes poidan estar nas sùas casas coa atención que requiren”.
Nesa liña, lembrou que a última actualización do RD que regula as prestación do servizo de autonomia persoal e atención a dependencia incrementa as horas de atencion ás que teñen as persoas dependentes – ata os 37 horas para dependencia de grado I, de 38 a 64 horas para dependentes de grado II, de 65 a 94 horas para dependentes de grado II- o que supora un incremento de custos do 43 por cento.
“Se a Xunta e o Estado non financian o SAF na súa totalidade este servizo será inviable para os concellos galegos, e os que o van sufrir son as veic e os veciños que necesitan esta atención”, advertiu a deputada nacionalista, que recriminou aos deputados e deputado do Partido Popular -que se abstiveron na votación- “que pensen mais no partido que na veciñanza”, concluíu
A proposta reclama tamén á Xunta de Galiza a creación da comisión mixta Xunta-FEGAMP para avaliar as condicións nas que se está prestando o servizo na actualidade e e adoptar as medidas necesarias para estandarizalo.