Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG ofrece apoio institucional e político da Deputación de Lugo á veciñanza da Ulloa que se manifesta contra Altri

Lugo, 26 de marzo de 2024. O BNG ofreceu o apoio institucional e político do grupo provincial á veciñanza da Ulloa, que se está a mobilizar contra a instalación na comarca da pasteira de Altri apadriñada polo Partido Popular.

O vicepresidente da Deputación e deputado provincial Efrén Castro reiterou o rexeitamento do BNG ao proxecto que, segundo se confirmou coa exposición de pública, non será a anunciada fábrica de fibras textis senon unha pasteira de celulosa que “afectará aos recursos hídricos aomedio natural, á actividade agrogandeira e a un ben patrimonial como o Camiño Francés” e acusou ao Partido Popular de “mentir” e de querer “converter a comarca da Ulloa nun lugar onde non se poida vivir a cambio de 250 postos de traballo”.

“A sociedade civil levantouse e estalles dicindo que non, e o BNG apoiará todas as iniciativas en contra esta aberración ambiental”, sostivo Efrén Castro que cuestionou tamén o caracter estratéxico do proxecto lembrando “que se trata dunha industria de enclave, unha pasteira de grandes dimensións que non vai pechar ningún ciclo en Galiza e que levará a pasta a outros países para transformala en fibra téxtil”.

Con estes argumentos, o BNG opúxose a unha moción do PP en favor da instalación da pasteira de Altri en Palas de Rei durante o pleno celebrado esta mañá, no que estiveron presentes representantes comarcais e municipais do BNG. Representantes das plataformas veciñais e organizacións ecoloxistas amosaron a súa oposición á pasteira na Praza de San Marcos.

Exit mobile version