“En primeiro lugar celebramos a rectificación na colocación das bandeiras na sede consistorial, pero lamentamos o gasto innecesario na colocación dun mamotreto que xa naceu inútil pola rectificación do alcalde e o dano patrimonial ao colocarse sobre un edificio histórico”.
En palabras de Pablo Vizoso, “Ademáis do dano causado ao edificio e ás arcas públicas, preocúpanos moito o pouco respecto que o alcalde mostra aos procesos administrativos e á lei ao levar a cabo esta actuación sen contar cos permisos e autorizacións necesarios. A comisión de seguimento do PEPRICH no que se aprobou o traslado das bandeiras celebrouse o día 7 de febreiro, oito días despois do pleno ordinario no que preguntamos sobre este tema ao estar xa colocado o mamotreto”.
“En segundo lugar, queremos tamén celebrar a actuación sobre unha fuga de auga no barrio de Santa Cruz que se levaba producindo desde Outubro e que foi reparada polo concello ás poucas horas de nós denuncialo a raíz do aviso dos veciños que non sabían a onde acudir polo abandono do PP. Unha vez máis lamentamos que sexa necesario esperar tantos meses para un problema que, como demostraron os feitos, só necesitaba atención e vontade de solucionarseç2.
“É certo que a oposición debe cumplir este labor de denuncia e esixencia de solucionar os problemas e os erros que poida ter un goberno. Pero o PP debría dar mostras de maior preparación e vontade de facer ben as cousas. En todo caso, estes erros significan dano patrimonial, malgasto e abandono dos veciños. Por iso desde o BNG de Ribadeo seguiremos atentos, dispostos e firmes para correxir e denunciar o mal goberno do Partido Popular”.