Castro de Rei, 7 de marzo de 2024. O BNG de Castro de Rei celebra que o equipo de goberno se poña a traballar para recuperar o Camiño Norte polo interior. Nunha proposición presenta no 2016 aprobarase por unanimidade a recuperación e posta en valor da Vía Rexia do norte ou tamén chamado camiño de Santiago norte polo interior ao seu paso polo concello de Castro de Rei. “Só lle custou 8 anos poñerse a traballar para a recuperación e para iso non cumpre co mandato do pleno pois o que vai recuperar e unha ruta de sendeirismo que agardamos sexa o primeiro paso para ser considerado como Camiño Norte polo interior
Entre as principais rutas de peregrinación, que se adentran na provincia de Lugo dende Asturias , temos 2, a que entra por Fonsagrada, Cádavo, Castroverde e Lugo e a que entra por Pontenova, Riotorto, Pastoriza, Meira, Pol e Castro de Rei para unirse na cidade de Lugo. Se esta última ruta se convertese en Camiño Norte polo interior non cabe dúbida de que sería un gran beneficio para o concello de Castro de Rei, “teriamos unha ruta que poñería a Castro de Rei no mapa do camiño de Santiago cos beneficios economico-sociais que eso implicaría” explica a concelleira nacionalista.
“Sempre que dende a alcaldía se traballe en propostas que beneficien ao concello o BNG estará do seu lado” por eso esiximos que se cumpra ese mandato do pleno de 2016 e se traballe para conseguir que sexa declarado como Camiño de Santiago Norte polo interior.