Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei “coa aprobación da creación deste plan pódense desenvolver no concello actuacións que nos leven a conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria”
A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estruturais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais.
“Vemos pertinente a creación dun Plan de Igualdade que poida promover como obxectivo final, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes – funcional, procedencia ou orixe étnica, racial, cultural e diversidade afectivo-sexual” afirma a nacionalista.
O grupo municipal do BNG estará pendente de que dende o equipo de goberno leven adiante esta encomenda e se poñan a traballar na creación deste plan importante para levar adiante unha igualdade real neste concello.