O BNG apoia as reivindicacións dos murenses e do Concello
Daniel Castro anunciou que levará ao Parlamento esta grave situación que atravesa o Concello de Muras “situación que non é moi diferente á que están atravesando outros concellos da contorna e de toda a comarca, ben sexa pola falta de médicos ou pediatras, como foron e son os casos de O Vicedo, Viveiro, A Pontenova, Riortorto……co cal queda patente unha vez máis o proceso de desmantelamento da atención primaria na comarca e no País” afirmou o deputado.
O alcalde Manuel Requeixo, na súa intervención ante a veciñanza recordou que o centro de saúde foi arranxado no 2022 con 262.524€ de fondos do propio concello sen que a Xunta puxera un só céntimo despois de telo prometido “e agora para máis burla quítanos o médico” afirmou. Insistíu tamén na continua perda de servizos dos concellos pequenos e a escasa colaboración da Xunta con eles, manifestando que “non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos permitir nin á Xunta nin ao PP ningún ataque máis a Muras”