Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visitaron este martes aos participantes no programa Primavera Xove que ten lugar no campamento xuvenil da Devesa

Ribadeo, 26 de marzo de 2024. O alcalde, Dani Vega, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron esta mañá aos participantes no programa Primavera Xove que ten lugar no campamento xuvenil da Devesa.

O rexedor manifestou que “Concello e Xunta colaboran nas actividades nesta Semana Santa. Actividades para todas as idades: infantís e para rapaces e rapazas que xa van tendo máis aniños. Polo tanto pensamos en todos. Esta colaboración entre administracións, entre Concello e Xunta, favorece que haxa moitas actividades e, dende un punto de vista técnico, nunca tanta actividade houbo como este ano”.

Vega sinalou que “isto vámolo seguir facendo nesta Semana Santa e no verán. E tamén queremos dinamizar o campamento da Devesa. É algo fundamental, son unhas instalacións nas que debemos seguir colaborando coa Xunta e nutríndoas de actividades. Neste caso no campamento Primavera Xove queremos acoller a moitos rapaces e rapazas doutros concellos aquí, en Ribadeo”.

O alcalde subliñou que “esta colaboración creo que é moi importante. Vamos seguir activando dinamismo para o noso concello, para todos rapaces e rapazas, tamén para os neniños e neniñas, para actividades infantís, porque eu creo que é o importante. Polo tanto vamos seguir traballando e continuando nesta colaboración permanente e absoluta para seguir favorecendo ao noso concello”.

Na visita ao campamento da Devesa participaron os concelleiros de Mocidade e Medio Ambiente, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos.

Exit mobile version