Un taller de ovos de pascua, manualidades, ou unha busca do tesouro son algunhas das actividades programadas durante estes días
Cervo, 26 de marzo de 2024. O concello de Cervo ten en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia durante esta Semana Santa.
A rexedora, Dolores García Caramés, estivo este mediodía visitando aos máis de 60 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos inscritos/as no programa e ás súas monitoras, mentres realizaban diversas actividades de manualidades relacionadas coa temática da Pascua.
Este programa –afondou a rexedora- ofrece unha alternativa lúdica aos máis pequenos da casa durante estas datas non lectivas, á vez que axudamos ás familias na difícil tarefa de conciliar durante os días laborais da Semana Santa.