Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro manterá o mércores unha reunión de coordinación para tratar a seguridade no concello e planificar a próxima Semana Santa

Viveiro, 9 de marzo de 2024. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, manterá o próximo mércores, 13 de marzo, unha reunión de coordinación para tratar a seguridade no concello e planificar a próxima Semana Santa.

Na reunión participará a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e representantes das forzas de seguridade (Policía Nacional, Guardia Civil, bombeiros e Protección Civil).

“Os veciños e veciñas saben que o 100% da plantilla da Policía Local está de baixa, pero a seguridade viaria e urbana en Viveiro está garantizada”, sostén María Loureiro.

A alcaldesa agradece “a boa disposición da Delegación do Goberno, Policía Nacional e Garda Civil desde hai semanas” e fai un chamamento “a manter a tranquilidade, xa que dicir o contrario ou alarmar non se axusta á realidade”.

Exit mobile version