Isabel Rodríguez clamou pola necesidade de lembrar “ás mulleres que conseguiron dereitos para todas a base de moito sacrificio, ás que ocuparon espazos que lles eran negados, ás que fixeron fronte ás violencias estruturais”, pero advertiu “que aínda queda moito camiño por percorrer, pois seguimos vivindo e sorteando moitos obstáculos que limitan o noso libre desenvolvemento como persoas que somos”.
Dende ás Unidades de Violencia de Xénero da Delegación e Subdelegacións do Goberno en Galicia levaranse ao cabo durante a semana distintos actos entre os que se atopan a lectura do manifesto, xornadas formativas como a deste martes 5 de febreiro, enfocada no Marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, ou mesmo a presentación do Punto Violeta nas oficinas do SEPE.