Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicia en Burela a rodaxe do documental “Nunca Te Rindas”, de Marta Eiriz, coas SuperGuerreiras Laranxas

Producida polos composteláns Danga Danga, o documental trata sobre a maternidade no deporte, co que profundizarán máis sobre o tema da conciliación familiar coa nosa capitá Dany

Burela, 5 de marzo, 2024. Durante a mañá de hoxe as Guerreiras Laranxas tiveron unha sesión de adestramento moi diferente á habitual, rodeadas de focos, cámaras e micrófonos participaron na rodaxe do documental “Nunca te rendas”, dirixido por Marta Eiriz e producida pola produtora copostelana, Danga Danga.

Segundo nos contan dende a produtora da capital galega que traballa neste proxeto, “Nunca te Rendas é o primeiro documental que se realiza sobre a materinadad e o deporte feminino de elite, nestes tempos nos que o deporte feminino ten moita sona; tanto con éxitos deportivos coma con polémicas. Pero despois de seis anos de documentación, maternidade, busqueda de financiamento, a directora Marta Eiriz, de orixe luguesa, dirixirá o seu sétimo traballo cinematográfico da produtora compostelá Danga Danga, e o seu segundo longo, despois dunha moi boa acollida con “Esquece Monelos”, chegando a estar nomeada aos Premios Feroz, entre outros recoñecementos. “Nunca Te Rindas” é un docu con tintes experimentais, nos que unha “muller” deportista embarazada nos conta as súas teimas, mentres o mesturamos coa historia do deporte feminino e catro bloques diferenciados que son: a parte lexislativa, o márketing e publicidade, aspectos médicos, e a conciliación, cousa que a propia Marta, e moitos membros do equipo, terán que resolver á hora de embarcarse neste filme. Marta, ademais de ser nai dun neno de cinco anos e da propia produtora Danga Danga, leva moitos anos no audiovisual: con “Nunca Te Rindas”, ao fin, vai fusionar os seus coñecementos como Licenciada en Belas Artes, o seu Máster de Produción (MPXA) e anos de experiencia, tanto no cinema como na TV. Probou na dirección de documentais cun interesante proxecto sobre o despoboamento do rural e agora fará o seu debut na dirección cinematográfica”.

Exit mobile version