Site icon Crónica3.com A Mariña

A vindeira semana celebraranse en Foz charlas sobre nutrición e sobre envellecemento activo

Foz, 27 de marzo de 2024. Foz acollerá a vindeira semana dúas charlas: unha sobre nutrición o mércores e a outra sobre envellecemento activo o venres. Son gratuítas e terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s na provincia de Lugo. Neste caso o Concello de Foz colabora coa Deputación desenvolve o programa no noso municipio con diversas charlas, actividades formativas e de lecer”.

Ana Rojo anuncia: “comezamos estas xornadas coa charla do día 3 de abril, mércores, sobre nutrición, alimentación equilibrada e saudable, poñendo en énfase hábitos saudables e de cómo alimentarse en diferentes situacións da vida, dando pautas nutricionais a seguir baixo a presenza de enfermidades asociadas a esta etapa do ciclo vital (hipertensión arterial, diabetes tipo 2, hipercolesterolemia, disfagia, etcétera), tratando de dar información veraz e rompendo mitos nutricionais e alimentarios relacionados coa terceira idade. A segunda xornada será o 5 de abril, venres, e esta charla tratará sobre como envellecer de forma activa, diferenciando entre esperanza e calidade de vida, de cómo previr as patoloxías psicolóxicas e cognitivas, así como a prevención da enfermidade física”.

A concelleira de Servizos Sociais destaca que “estas charlas están impartidas por ponentes profesionais, persoas expertas que nos orientarán nestas materias, informándonos e dando resposta ás dúbidas, verificando a súa veracidade ou non. As charlas, ámbalas dúas son gratuítas están abertas a todo tipo de público, e terán lugar na Casa da Cultura de Foz o mércores 3 de abril e o venres 5 de abril, na mesma franxa horaria: de 18 a 20 horas”.

O alcalde de Foz e deputado provincial, Fran Cajoto, explica que “a pretensión dende a Deputación de Lugo conxuntamente co noso Concello é a de mellorar a calidade de vida e benestar dos veciñ@s con actividades formativas e de lecer, que ademais contribúen á participación cidadá e a envellecer de forma activa no rural”. Ademais agradece á Deputación de Lugo que promova este programa Xunt@s, con diversas actividades e charlas, “facendo partícipe á nosa veciñanza e achegando a tod@s os veciños e veciñas información importante e determinante a hora de previr enfermidades e para unha boa saúde e envellecer de forma activa”.

Exit mobile version