Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado inaugúrase o Espeleódromo de Mondoñedo

Mondoñedo, 7 de marzo, 2024. O vindeiro sábado día 9 de marzo ás 13:30 hs terá lugar o acto de inauguración do Espelódromo de Mondoñedo, situado nas instalacións do Polideportivo Municipal “Viñas da Veiga” de Mondoñedo.

Estas instalacións serán as primeiras homologadas e certificadas de Galicia, grazas ao interese do Concello de Mondoñedo en colaborar e dar apoio á promoción da espeleoloxía, en estreita colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía. Para a dotación das instalacións deste Espeleódromo, o Concello de Mondoñedo contou co cofinanciamento da Secretaría Xeral para ou Deporte, a través da Vicepresidencia 1ª e consellería de presidencia, xustiza e deportes, e das súas axudas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.

Un espeleódromo é unha instalación para facer prácticas de técnicas de progresión vertical por corda (TPV en espeleología), tanto desde o punto de vista deportivo como do de rescate. Desta maneira faise posible a simulación das diferentes técnicas que existen para progresar por corda, pero dentro dunha contorna controlada.

Exit mobile version