Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase asemblea xeral de confrades da Real Hermandad de las Siete Palabras de Viveiro

Viveiro, 15 de marzo, 2024. A Xunta Directiva da Real Hermandad de las Siete Palabras, no seu labor de informar e facer partícipes aos seus confrades da súa situación actual, proxectos, actividades e estado de contas, á vez que establecer un foro de participación onde todos podan expoñer as preocupacións, dúbidas e suxestións, convoca á Asemblea Xeral e reunión de levadores dos pasos, que terá lugar nos Claustros De San Francisco, local da Xunta de Confrarías, no segundo andar o vindeiro sábado día 16 de Marzo ás 18:30 h., en primeira convocatoria e ás 19:00 h., en segunda convocatoria.

ORDE DO DÍA

1 Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior
2 Estado de Contas
3 Actividades e proxectos realizados
4 Reserva de traxes e hachones
5 Levadores
6 Rogos e Preguntas

Aprovéitase a ocasión para convidar a participar nos actos que a irmandade programa ao longo da Semana Santa e pedir a colaboración para participar nos desfiles procesionais portando elementos da irmandade, como hachones, estandartes etc., e que se difunda esta petición entre familiares e amigos.

Prégase aos levadores dos pasos aproveiten a ocasión da Asemblea para que transmitan calquera variación na súa dispoñibilidade para portar o paso na procesión do venres e na do domingo, así como a de calquera levador que coñezan e que por unha ou outra causa non poida asistir á Asemblea.

Exit mobile version