O pratos gañadores foron: 1º premio, ourizo da horta, da Bodega de Ana. 2º premio, sandwich mariñeiro, da Bodega de Ana. 3º premio, nubes de erizo, de Las Titas. Segundo as votacións do xurado, premiaron aspectos como o sabor, a innovación, a presentación ou a sensación no padar. O xurado estivo composto polo membro da asociación provincial de Cociñeiros de Lugo, Bruno Pena, polo vicedirector do IES de Foz Xosé Lois Ansemil e polo barista Iago Rivas. Entregaron os premios a tenente de alcaldesa, Mali Méndez,e a edil de Educación, Pilar Armada.