Burela, 21 de marzo de 2024. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro celebrou a súa asamblea xeral anual o pasado venres, día 15, cunha asistencia masiva de persoas asociadas.
Nesta asamblea, amáis de dar conta do balance económico da sociedade correspondente ao ano 2023, e do resumo de actividades do mesmo ano, tamén se falou das actividades a realizar no presente 2024.
Mais o acordo máis importante foi o referido ás entidades ás que ESPERANZA vai facer axudas económicas no presente 2024 para traballar na investigación, prevención, diagnose e tratamento do cancro, así como apoiar ás persoas e familias afectadas pola enfermidade.
En función do acordo adoptado pola unanimidade dos asistentes, o Centro Nacional de Investigación Oncológica, o Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama, e a Fundación de Investigación Sanitaria recibirán una axuda de 1.500 euros cadansúa. Pola súa banda, a Fundación Quiroga Piñeiro (Centro Oncolóxico de Galicia), terá unha axuda de 2.000 euros, como os terá a Asociación Somos unidos por el Cáncer de Lugo. Dende Esperanza son plenamente conscientes de que estas axudas son importantes na súa contía, pero reflexan a vontade da veciñanza de Burela de colaborar con entidades que teñen como finalidade a loita contra o cancro.
Por outra banda, a directiva quere destacar o importante número de altas de persoas asociadas que se teñen producido dende primeiros de 2023 e ata agora, xa que se teñen computado 84 novas persoas asociadas, sendo o número de socios activos un total de 463.
Finalmente, Esperanza quere amosar a súa gratitude a todas as persoas e entidades que dun xeito ou doutro teñen feito aportacións ao colectivo para poder desenvolver a súa actividade.