A proposta do restaurante de Ribadeo foi seleccionada polo xurado especializado e participará na final do próximo 11 de marzo
Ribadeo, 7 de marzo, 2024. O restaurante O Oviedo, de Ribadeo, acaba de ser seleccionado como un dos cinco finalistas no prestixioso Concurso de Steak Tartar do Fòrum Gastronomic de Girona. O certame, o máis prestixioso de España na súa categoría, alcanza a súa terceira edición e decidiu integrar a proposta da cociñeira Mar Orosa no seu final.
Con esta clasificación a cociña galega, e en particular a da provincia de Lugo, posiciónase na elite da elaboración desta receita clásica, xa que a proposta do Oviedo únese á gañadora na pasada edición, que non foi outra que a elaborada por Héctor López, do restaurante España (Lugo).
A cociñeira do Oviedo participará na final, que terá lugar o día 11 de marzo a partir das 13:00 horas, cunha elaboración canónica, baseada na calidade das materias primas e na precisión técnica, aínda que adianta un detalle diferencial da súa proposta: “nuestro steak tartar es de estilo clásico, con la única salvedad del picante. No usamos Tabasco en su elaboración. Tenemos conservados pimientos de Padrón de la última campaña, recolectados en rojo. Son pimientos que maduraron en la planta hasta desarrollar todo su picante natural”, afirma.
“La carne, por su parte”, prosegue a cociñeira “es un solomillo de vaca gallega que nos facilita Hermelino, de O Valadouro, aquí, en la comarca, que es nuestro proveedor de carnes habitual”.
Deste xeito, a proposta do Oviedo aposta por traer unha elaboración académica ao seu terreo, que non é outro que o traballo con materias primas de proximidade e de tempada que reforcen o seu compromiso coa tradición gastronómica galega e cos pequenos produtores artesáns de calidade.
Tras recibir esta semana o recoñecemento como Restaurante Recomendado pola Guía Repsol, o equipo do Oviedo afronta este reto con optimismo e coa ilusión de quen está inmerso nun proxecto en plena evolución, convencido da súa capacidade para dar visibilidade aos produtos alimentarios de calidade da súa contorna a través dunha proposta gastronómica diferenciada e atractiva que aos poucos se vai consolidando como unha referencia na costa norte de Galicia.