Desde Ribadeo os peregrinos poden contratar o servizo de transporte de mochilas etapa a etapa que ofrece Correos
Ribadeo, 27 de marzo de 2024. A carteira Marta Saiz, que traballa en Ribadeo, foi escollida por Correos para protagonizar un vídeo no que nos convida a visitar a localidade galega como lugar destacado do Camiño do Norte.
Neste vídeo, Marta móstranos diferentes puntos de interese do municipio como o barrio de San Roque, o porto de Porcillán ou a illa Pancha, que conta cun paseo que bordea a ría e que conecta tamén co pobo mariñeiro de Rinlo e coa praia de As Catedrais.
A carteira tamén fai mención á capela da nosa Señora das Virtudes na parroquia da Ponte, destacando as súas pinturas murais tardo-medievais de gran valor patrimonial.
Marta, exercendo de guía pola localidade, anima aos peregrinos a que escollan Ribadeo como lugar para planificar unha etapa de descanso ao realizar o Camiño do Norte.
Esta gravación forma parte de sériea Consellos do Carteiro, coa que Correos dá a coñecer diferentes localidades do Camiño de Santiago a través dos seus carteiros, grazas á súa experiencia e coñecemento das mesmas.
Este vídeo atópase dispoñible desde hoxe e pode verse nas redes sociais do Camiño con Correos: Facebook, Twitter, Instagram e Youtube.
SERVIZOS DE CORREOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Correos pon ao dispor dos peregrinos e peregrinas servizos como o PaqMochila, para o transporte diario de equipaxes etapa a etapa, que lles permite camiñar sen peso e gozar de municipios como Ribadeo.
Ademais, os peregrinos tamén dispoñen doutras facilidades para o Camiño como o Paq Peregrino, para o envío de maletas e paquetes a calquera punto do Camiño, ou o Paq Bicicleta, un servizo de envío de bicicletas ao comezo do roteiro ou de volta ao seu destino. Ao chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos tamén poden beneficiarse do servizo de consigna dispoñible na oficina de Correos de Rúa do Franco 4, a dous minutos da Catedral.
Na páxina web de http://www.elcaminoconcorreos.com pódese consultar información máis detallada sobre os servizos e sobre o Camiño de Santiago, cun buscador de máis de 4.000 aloxamentos, descrición dos Roteiros Xacobeos máis populares e máis de 300 consellos de que ver e facer no Camiño.