Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa a guerra contra a velutina en Cervo

Concluíuse que nas vindeiras semanas se vai facer unha nova entrega de produto atraente de balde, co fin de atacar ás raíñas na primavera

Cervo, 15 de marzo de 2024. A alcaldesa, Dolores García Caramés, a edil de Medio Ambiente e o concelleiro de Zona Rural, Mali Méndez e Adrián Arias, respectivamente, mantiveron un novo encontro coas persoas apicultoras do municipio a fin de abordar a incidencia da avespa velutina na actualidade e analizar a situación actual da praga, nunha charla na que interveu tamén o responsable do GES, Mario Antuña.

Tal e como apuntaron, o obxectivo deste novo encontro “é seguir estando, tal como vimos facendo dende que temos constancia da presenza desta especie invasora no noso Concello, ao carón dos nosos apicultores, e tentar protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas; coa campaña de entrega de atraentes de balde, que comezamos no 2017, e que, tal e como nos trasladaron, tivo a súa eficacia”.

De feito, nesta reunión, logo de poñer en común a evolución das colmeas concluíuse que nas videiras semanas o Concello “vai facer unha nova entrega de produto atraínte de balde, co fin de atacar ás raíñas nesta primavera, que é o momento crucial para facelo, para tentar así frear a expansión da velutina e a formación de niños de cara aos vindeiros meses”.

Exit mobile version