Apostan por conxugar grandes valores da escena con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada. Entre as máximas da compañía está a posta en escena de espectáculos pensados para o público , primando a claridade na narración e un coidado deseño artístico.
A obra que representarán hoxe en Burela, é unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegarlle ao público adolescente, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades. Qureremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade.
Este espetáculo encaixa no marco chamado “teatro social” , unha liña de traballo que leva a cía. desenvolvendo dende hai anos con outras montaxes entre as que destacan “A Nena que quería Navegar “ ou “Invisibles”.
Outros dos temas principais de # 2Pilgrims son os efectos das redes sociais na forma que ten a mocidade de establecer as súas relacións persoais ou o cuestionamento do mal chamado amor romántico.
Co este espectáculo quérese facer un chamamento á reflexión cunha linguaxe próxima ao público ao que se dirixe e empregando a comedia e a parodia, así como a autoficción, como recursos escénicos.No escenario, e co Camiño de Santiago de fondo, mestúranse a ficción e a realidade a través das traxectorias persoais e profesionais de Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.
…Unha proposta enfocada ao público adolescennte co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través das vivencias dos seus protagonistas polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades, a importancia actual das redes sociais ou o mito do amor romántico…
A representación principiará ás 21 horas. A taquilla abrirá as 20 horas. Prezo : 4 euros.