Burela, 14 de marzo, 2024. Redrum Teatro é unha compañía teatral creada no 2009 por mozos procedentes do sector audiovisual que nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da industria teatral galega.
Apostan por conxugar grandes valores da escena con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada. Entre as máximas da compañía está a posta en escena de espectáculos pensados para o público , primando a claridade na narración e un coidado deseño artístico.
A obra que representarán hoxe en Burela, é unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegarlle ao público adolescente, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades. Qureremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade.
Este espetáculo encaixa no marco chamado “teatro social” , unha liña de traballo que leva a cía. desenvolvendo dende hai anos con outras montaxes entre as que destacan “A Nena que quería Navegar “ ou “Invisibles”.
Outros dos temas principais de # 2Pilgrims son os efectos das redes sociais na forma que ten a mocidade de establecer as súas relacións persoais ou o cuestionamento do mal chamado amor romántico.
Co este espectáculo quérese facer un chamamento á reflexión cunha linguaxe próxima ao público ao que se dirixe e empregando a comedia e a parodia, así como a autoficción, como recursos escénicos.No escenario, e co Camiño de Santiago de fondo, mestúranse a ficción e a realidade a través das traxectorias persoais e profesionais de Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.
…Unha proposta enfocada ao público adolescennte co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través das vivencias dos seus protagonistas polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades, a importancia actual das redes sociais ou o mito do amor romántico…
A representación principiará ás 21 horas. A taquilla abrirá as 20 horas. Prezo : 4 euros.