Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebrará o 13 de abril o I Festival do Guioncho, que contará coa actuación do Combo Dominicano

A cita está organizada pola asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro, coa colaboración da Administración local

Cervo, 9 de marzo, 2024. O Concello de Cervo anima a asistir ao I Festival do Guioncho que terá lugar, da man da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, o 13 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e por unha representación da asociación que se encarga do evento que terá como cabeza de cartel a El Combo Dominicano, acompañado pola orquestra Waykas.

A entrada anticipada por un prezo de 10 euros pode adquirirse nos locais comerciais ou ese mesmo día en taquilla a partir das 18:00 horas.
Haberá tamén servizo de autobuses con saída ás 22:00 horas desde Viveiro e Burela.

Exit mobile version