Site icon Crónica3.com A Mariña

Cadernos da viaxe. “Os acertos estratéxicos de Puigdemont”, por Xoán Antón Pérez Lema

É común na opinión publicada madrileña, omnipresente nos media de dereitas e ben repetida no de esquerdas, alcumar ao presidente Puigdemont de “fuxido” ou “rebelde”. Mais, miren vostedes, coa lei na mán non hai tal. O luns 30-Ou de 2017, 48 horas despois da súa destitución polo 155 aprobado no Senado polo PP de Rajoy e o PSOE de Pedro Sánchez, Puigdemont mantiña unha rolda de prensa em Bruxelas coa ampla maioria de consellers e conselleras do seu Govern. Na altura non había aínda acusación ningunha contra él.

Moi pucos días despois, o domingo 5-N de 2017, Puigdemont enfrontou unha euroorde do Tribunal Supremo polo delicto de rebelión que pedia o seu prendemento e extradición da xustiza belga. Antes que chegase formalmente esa euroorde a Bruxelas, Puigdemont presentouse perante o órgano xudicial competente. E fpi liberado, sem ningunha caste de medidas cautelares, canda os demáis conselleiros e conselleiras reclamados.

Comezaba entón a se definir o primeiro dos grandes acertos estratéxicos de Puigdemont: a aposta polo mantemnto da lxitimidade da súa presidencia no exilio. Enténdaseme a xeito, aquelas persoas que decidiron ficar no seu país-ou voltar-a Catalunya -tiñan motivos persoais e mesmo políticos moi potentes. Mais ninguén pode negar arestora, case seis anos e medio despois, que manter en Waterloo esa Presidencia de Catalunya revogada e removida por Rajoy foi un acerto de primeira orde, pois que: i) preso polos xuices alemáns, Puigdemont acadou a súa liberdade por sentenza do Tribunal Superior de Schleswig Hollstein ao consideraren que o delicto polo que era perseguido no Estado español non tiña correspondência na República Federal alemá., ii) o president e os seus conselleiros e conselleira Clara Ponsatí obtiveron pronunciamentos análogos da xustiza belga e escocesa, iii) Puigdemont obtivo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea unha sentenza, o 31.01.2023, que na práctica inviabilizou calquera nova euroorde contra él e calquera persoa exiliada do seu Govern, pois que recoñecía que calquera xuiz europeo podia rexeitar unha euroorde se existían dúbidas racionais da existencia de deficiencias na administración da xustiza do Estado requirente a respecto das persoas afectadas pola súa pertenza a un grupo obxectivamente identificábel. Miren que casualidade que esta mesma doutrina sexa a que alicerza a proposición de lei de amnistía aprobada hai algunhas semanas no Congreso estatal e iv) o Avogado Xeral da EU ven de dicir que tiña razón Puigdemont: non era preciso que fose por Madrid prometer a Constitución para ser legalmente eurodeputado,

Esta batalla dende o exilio mantivo viva a loita pola restitución daquel Parlament e Govern de 2017, cesados por unha autoritária e centralista interpretación do 155.

Os outros acertos estratéxixos son moi recentes. O primeiro é botar fóra calquera consideración persoal, rexeitar a moi cómoda garantia de inmunidade como eurodeputado durante outro quinquenio (2024-29), refugando presentarse as europeas do 9-X e, no seu canto, enfrontar a candidatura á Presidencia da Generalitat,. O segundo foi amosar limpamente o seu xogo (moi conforme cos xeitos da política europea máis avanzada) e anunciar que se vai retirar da política se non é Presidente despois das eleccións do 12-M.

Puigdemont ten o dereito e a obriga de comunicar cal vai ser o uso que lle vai dar aos votos que reciba. Mais a cidadanía catalã, despois de case sete anos de exilio do xironés, ten o perfecto dereito de lle dicir que a súa moi potente proposta de restitución e negociación de nación a nación co Estado español chega tarde ou xa non vale. Neste senso será só a cidadania catalá quen defina o futuro político de Puigdemont. Mentre,s él enfrontará os perigos da lawfare (posíbeis, malia que non probábeis interlocutorias de prisión preventiva, mesmo despois da vixencia da lei de amnistía). E mesmo outros riscos persoais indirectos que xurden da súa simple estadía no territorio do Estado.

Dende fóra de Catalunya e, xa que logo, as miñas limitacións de análise, non podo dicir que Puigdemont opte polo cómodo, polo doado nin pola súa conveniencia persoal e familiar. O seu relato destes máis de seis anos é nidio. Será, xa que logo, a decisión do pobo catalán asumilo ou rexeitalo.

Exit mobile version