A programación de cultura urbana de hoxe, mañá e o mércores trasládase ao pavillón do Ceip Gregorio Sanz. Desde a Concellería de Mocidade indican que “as actividades hoxe darán comezo pola tarde, debido a unha avaría sufrida por parte da empresa encargada da súa realización. Non haberá actividades pola mañá, pero si pola tarde e tamén mañá e o mércores nos horarios previstos de mañá e tarde. Pedimos disculpas, pero trátase de circunstancias alleas ao Concello de Ribadeo”.
E os inchables para a infancia que ían estar instalados no parque de San Francisco cambian de localización e estarán no pavillón da rúa Alfredo Deaño.