Site icon Crónica3.com A Mariña

Apaga inicia por primeira vez unha mobilidade de profesores en Chile

Ribadeo, 25 de marzo de 2024. Apaga (Asociación de Profesores e Automoción de Galicia) inicia por primeira vez unha mobilidade de profesores en Chile.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “é a primeira vez que saímos a outros países fora da Unión Europea. É a primeira mobilidade que facemos aquí, contactamos coa Universidade de Santiago de Chile, cunha serie de centros de Formación Profesional e con algunha asociación de empresas do sector do automóbil”.

Doural contou que “será unha semana de traballo intenso. Creo que é un primeiro paso para ir a outras zonas fora da Unión Europea. É unha acción que se puxo en marcha o ano pasado para que tanto profesoras como alumnos poidan saír da UE”.

O presidente de Apaga dixo que “para Apaga supón un impulso importante, créanse outras zonas de traballo, de intercambio de experiencias… Hispanoamérica ten a vantaxe do idioma, que é algo importante”.

Álvaro Doural engadiu: “a ver cómo nos sae. É un paso máis dentro do proceso de internacionalización da asociación. Neste momento temos xente en Portugal e en Italia. Recibiremos a uns turcos en xuño, que van estar na empresa Industrial Recense, da Pontenova. E agora cinco membros de Apaga estaremos en Chile desde hoxe e ata o venres desenvolvendo unha intensa axenda de traballo”.

Exit mobile version